domingo, 27 de septiembre de 2015

Acebedo celebra a S. Cibrao







            A parroquia de S. Xurxo de Acebedo celebrou solemnemente a San Cibrao. Na igrexa tiveron a novena ó santo, para logo trasladalo a capela do pobo de San Cibrao. O párroco, D. Emerio, esf´órzase para traer un coro cada día da novena. O traslado procesional fáise  o día anterior o sábado.
            Este día, ás 12,30 comenzou a procesión, dende a capela ó altar que está no exterior.  Presidía D. Xosé Pérez Domínguez, Deán da Santa Igrexa Catedral de Ourense, acompañándoo sacerdotes da Comarca.  A parte musical estivo a cargo da Banda de Celanova. A asistencia a  Misa foi muy numerosa, xa que o día era axeitado para sair da casa. D. Xosé, na homilía, presentou a san Cibrao como un Bispo cartaginense dos tempos de hoxe. Dende a realidade do seu tempo, transmitíu o Evanxeo. O noso Bispo, tamén proxecta que os cristiáns de Ourense coñezan o momento que nos toca vivir, a través dunha misión e dun sínodo diocesano. Unha e outra acción tenta coñecer a realidade actual para que o Evanxeo de Xesús nos leve a un compromiso cristiá.
            Terminada a Misa, regresou o santo a capela en procesión. Un día de festa arredor do san Cibrao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario